"Adelán" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Alfoz baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña en 1906 e denominada “Publicación del Magisterio”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia republicana aparecida durante a Segunda República Española na Coruña. Incluía temas políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical mariñeira. Iniciou a súa actividade no ano 1917 e cesouna ao comezar a Guerra Civil. Os seus obxectivos eran asociar a todos os traballadores do mar de Bueu que estivesen matriculados; mellorar a condición do sector e defender e representar aos traballadores do mar diante dos patróns e autoridades gobernativas. Malia que a súa vinculación inicial foi co socialismo da UXT, debido á estratexia de espallamento que a CNT e a súa Federación Regional de Industria Pesquera encetaron dende o ano 1931 por todo o litoral galego, a organización remataría comprometéndose co ideario anarquista, que non abandonaría ata a súa disolución. Entre 1932 e 1936, debido as continuas flutuacións do prezo da sardiña, que repercutían directamente nas endebles economías mariñeiras, promoveu unha serie de mobilizacións da clase mariñeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra o 17 de setembro de 1882 e subtitulada “Semanario defensor de los intereses generales de Galicia”. Foron os seus redactores: Antonio Curros Enríquez, Félix Lázaro e Torcuato Ulloa, entre outros. Contiña numerosos artigos tratando polémicas e mantivo un enfrontamento co xornal El Libredón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal nado o 11 de agosto de 1912 en Bueu, e dirixido por Ricardo Portela Pazos. Desapareceu no número 34, o 16 de novembro de 1913. Incluía información local e política, poesías en castelán e unha sección chamada “D´os nosos clásecos” con reproducións de poemas de Lamas Carvajal e Rosalía de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade constituída oficialmente o 5 de febreiro de 1919 como Sociedad de Maquinistas, Fogoneros y Metalúrgicos de Marín, foi a primeira sociedade que abrangueu os maquinistas e traballadores da construción naval desa vila como resposta á modernización do sector pesqueiro galego que, nos núcleos urbanos máis importantes, estaba a abandonar as técnicas tradicionais de pesca e construción para adoptar a máquina de vapor e, consecuentemente, os cascos de aceiro que a nova tipoloxía de barco precisaba. Os 121 socios que acolleu no ano da súa fundación son un dato obxectivo sobre a importancia da modernización pesqueira en Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO