Adelanto, El
Adelanto, El
Sociedade constituída oficialmente o 5 de febreiro de 1919 como Sociedad de Maquinistas, Fogoneros y Metalúrgicos de Marín, foi a primeira sociedade que abrangueu os maquinistas e traballadores da construción naval desa vila como resposta á modernización do sector pesqueiro galego que, nos núcleos urbanos máis importantes, estaba a abandonar as técnicas tradicionais de pesca e construción para adoptar a máquina de vapor e, consecuentemente, os cascos de aceiro que a nova tipoloxía de barco precisaba. Os 121 socios que acolleu no ano da súa fundación son un dato obxectivo sobre a importancia da modernización pesqueira en Marín.