"Agrigento" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, na illa de Sicilia, Italia (55.072 h [1996]). Centro comercial e industrial (cemento, mobles, fármacos). Fundada durante a primeira etapa da colonización grega en Occidente, contra o 580 a C, conserva templos dóricos como o de Zeus e de Heracles, o da Concordia e o dos Dioscuros. Roma conquistouna no 262 a C e posteriormente foi dominada por árabes (829) e normandos (1086).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da illa de Sicilia, Italia (3.042 km2; 473.229 h [1991]). A capital é Agrigento.

    VER O DETALLE DO TERMO