Cen Augas

Cen Augas
[PUBLIC]

Revista poética en galego editada en maio de 1984 na Coruña co subtítulo de “Cadernos de poesía”. Fundada por Miguel Anxo Fernán-Vello, Roxélio Martínez e Francisco Pillado Mayor, só editou dous números. No primeiro deles incluíu un conxunto de “Poemas recolleitos, antolóxicos de inéditos” dos autores galegos Antón Avilés de Taramancos, Salvador García-Bodaño, Bernardino Graña, Manuel María e Uxío Novoneyra. Na segunda entrega inseriu un conxunto de poemas de escritores coruñeses como Julio Béjar, Lino Braxe e Rivadulla baixo o título colectivo de “Igor de Albatros en Selene”. Neste número tamén contou coa colaboración de Xosé Mato e coas composicións musicais de César C. Morán.