Cen Mil Fillos de San Luís
Cen Mil Fillos de San Luís
Exército comandado por Luís Antonio de Borbón, duque de Angulema, que penetrou en España en abril de 1823 para poñer fin ao réxime constitucional e restaurar a monarquía absoluta de Fernando VII, creado por decisión das potencias da Santa Alianza (liderada por Austria, Prusia, Rusia e Francia) no Congreso de Verona en 1822. Unha vez que entrou o exército francés en España uníuselle o exército de voluntarios realistas. O avance foi moi rápido e o 1 de outubro de 1823 Fernando VII pactaba a fin das hostilidades no Puerto de Santa María.