"Agripina" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antropónimo procedente do latín Agrippina, forma feminina de Agrippa. Nun principio, era un nome común que designaba os nenos que nacían en posición podálica, é dicir, botando primeiro os pés. A festa de santa Agripina, mártir en Roma baixo o Emperador Valeriano, celébrase o 23 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Vella (? 14 a C - Pandaria 33 d C) Filla de Marco Vipsanio Agripa e de Xulia; muller de Xermánico e nai de Calígula e de Agripina a Nova. En tempos de Tiberio foi exiliada á illa Pandataria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Nova (? 16 - 59 d C) Filla de Xermánico e Agripina a Vella. No ano 49 casou en terceiras nupcias co Emperador Claudio, a quen obrigou a adoptar o seu fillo Nerón, facendo que o nomease sucesor en detrimento do propio fillo de Claudio, Británico. Claudio morreu envelenado por Agripina, axudada por Locusta, que mantivo o poder durante a primeira parte do Imperio de Nerón, quen a fixo asasinar cando considerou que o poder da súa nai era excesivo.

    VER O DETALLE DO TERMO