"Alais" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Monumento de bronce, obra de Auguste Rodin, realizada entre 1885-1895 en Calais. Foi unha obra encargada polo concello e representa os seis burgueses que se entregaron ao Rei de Inglaterra para salvar a cidade. Un baleirado desta obra consérvase en Londres nos Victoria Tower Gardens.
-
CIDADES
Cidade do departamento do Pas-de-Calais, Francia, á beira do paso de Calais (75.309 h [1990]). É porto de tránsito entre Francia e o Reino Unido e, polo tanto, o primeiro porto de pasaxeiros de Francia. A cidade, que formaba parte dos territorios dos condes de Flandres, destacaba xa polo seu porto dende finais do s X. Fortificada polo conde Filipe de Boulogne en 1224, foi asediada e conquistada polos ingleses en 1347 e recuperada polos franceses, dirixidos por Francisco de Lorena, duque de Guisa, no 1558. Posteriormente, Filipe II ocupouna de novo en 1596 e retornou ao dominio francés en 1598, a través do Tratado de Vervins. Na Segunda Guerra Mundial foi invadida polas tropas alemanas dende 1940 ata 1944. Consérvanse algúns edificios importantes da época medieval: como a igrexa gótica de Notre-Dame (ss XIV-XVI) ou a torre Du Guet (s XIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito situado entre Francia e o Reino Unido que comunica o canal da Mancha co mar do Norte. Esténdese desde as costas inglesas (cabo Dungeness) ata as francesas (cabo de Gris-Nez), cunha anchura de 32 km e unha profundidade máxima de 72 m. As dúas costas están unidas cun túnel submarino inaugurado en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado que firmaron en Calais en 1360, Xoán II de Francia e Eduardo III de Inglaterra, sobre a base da Paz de Brétigny, que puxo fin á primeira fase da Guerra dos Cen Anos. Eduardo III renunciou á coroa francesa e a diversas posesións en Francia e Flandres; foille adxudicada Aquitania, os condados de Guines e de Ponthieu (incluído o condado de Montreuil), Calais, Sangatte e Ham. Xoán II, prisioneiro dos ingleses, acordou pagar tres millóns de escudos de ouro por recuperar a súa liberdade. O tratado non se levou a cabo e Xoán II morreu no cativerio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio que construíu Claude Mollet en París en 1718 para o conde de Evreux. Pertenceu aos monarcas franceses e a Napoleón Bonaparte, quen asinou alí a súa abdicación de 1815. A Segunda República determinou en 1848 que fose o lugar de residencia do presidente francés, aínda que non o foi ata 1873.
-
ENTRADA LARGA
Estado do SL de Asia, formado pola antiga Federación de Estados Malaios ou Malaisia Occidental, que ocupa a parte meridional da península de Malacca, e os estados do N de Borneo, Sabah e Sarawak, que forman Malaisia Oriental (329.847 km2; 23.834.000 h [estim 2001]). A súa capital administrativa é Putrajaya e a capital financeira e comercial Kuala Lumpur.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A parte continental comprende case a totalidade da península de Malacca, e limita ao N con Tailandia. A parte N e NO de Borneo, que pertence a Malaisia, está bañada polo mar de China Meridional, o mar de Sulu e o de Célebes. A parte occidental é atravesada de NO a SL pola serra de Kerbau. A illa de Borneo fórmana unha serie de serras que se abren formando planicies litorais, que culminan en Kinabalu a 4.094 m de altitude. O clima é de tipo ecuatorial, con precipitacións abundantes e con temperaturas elevadas e constantes ao longo do ano.... -
-
Relativo ou pertencente á antiga Federación Malaia ou a Malaisia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da antiga Federación Malaia ou a Malaisia ou aos seus habitantes.
-
-
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia (12.414 km2; 3.996.588 h [1999]). A súa capital é Lille.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión administrativa Nord-Pas-de-Calais, Francia (6.672 km2; 1.441.568 h [1999]). A súa capital é Arras.
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón do S de Suíza, situado no límite con Francia e Italia (5.224 km2; 270.800 h [2000]). A súa capital é Sion. Corresponde aproximadamente coa conca alta do Rhône. Esténdese desde Sant Gottard, ao L, ata o lago Xenebra, ao O. O límite N está formado pola liña de cumios do Oberland de Berna e os Alpes de Friburgo, mentres que o límite S pasa pola liña de picos dos Alpes Peninos. Hai un sector montañoso, con cumios de máis de 4.000 m, formado polos Alpes Berneses ao N e polos Peninos ao S, coas máximas altitudes do país. Dous terzos da poboación son de fala francesa, e un terzo alemá. Destaca a gandaría. A abundancia de enerxía hidroeléctrica orixinou unha forte industrialización, que, xunto co turismo, son os dous sectores máis importantes da economía. Ocupado polas tropas da Revolución (1798), en 1802 converteuse en república libre e independente. Anexado a Francia en 1810, integrouse na Confederación Helvética en 1814. En 1847 formou parte do Sonderbund.
VER O DETALLE DO TERMO