"Albán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 48.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico, xu-rista e humanista, doutor en Dereito. Foi embaixador en Viena, auditor da Rota, diplomático en Inglaterra (1555), Alemaña (1558) e Sicilia (1559). Tamén foi nomeado Bispo de Alifano, en Nápoles (1577) e de Lleida (1561), e Arcebispo de Tarragona (1577-1586). Bibliófilo, apaixonado polos manuscritos gregos, conseguiu reunir unha das bibliotecas privadas máis importantes da época, cun catálogo que se considera o primeiro impreso en Europa (1586). Carteouse en latín, pero tamén en grego, catalán e castelán cos humanistas do seu tempo. Destacou no estudo das fontes do dereito romano, Emendationum et opinionum libri quattuor (1543), e aplicou por vez primeira ao estudo do dereito canónico o método histórico-xurídico: De emendatione Gratiani Dialogui (1587). Promoveu o interese pola arqueoloxía. Parte da súa produción foi recompilada nunhas Opera Omnia de oito volumes que foron publicadas no 1775.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Fillo do vicechanceler Antonio Agustín, foi sancristán da catedral de Lleida (1518-1524), prior da catedral de Santa María de Roda e Bispo de Huesca e Jaca (1545). No 1546 acudiu ao Concilio de Trento, sendo o único Bispo da Península Ibérica que asistiu ás súas tres etapas.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río que nace no Rodeiro (a 600 m de altitude) e discorre pola parroquia de Corvelle ata confluír co río Pequeno, afluente pola marxe dereita do río Miño, na parroquia de Muimenta. Atravesa en dirección N-S a comarca de Terra Chá.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
GALICIA
Foi editor gráfico do periódico mensual Compostelán. Estudiou fotografía no obradoiro de Reinghar Gäde e foi responsable do estudo gráfico do Seat Ibiza e do proxecto Paris-Match en España. Participou nas exposicións de Amnistía Internacional en València, Madrid, Barcelona, París e Berlín. Publicou Galicia a pé de foto e Soutomaior. É reporteiro gráfico na delegación de Galicia do diario El Mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestre de escultura e carpintería natural de Pontecaldelas que desenvolveu a súa actividade artística na primeira metade do s XIX no sur de Galiancia. No 1816 encargouse do traslado do retablo da Virxe do Carme dende a colexiata de Santa María de Vigo ata a igrexa de San Ciprián de Paredes (Ponteareas).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resina branca extraída do látex de gutapercha.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, na comarca da Campiña (1.540 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa na construción ou na reparación de edificios, tanto nos interiores coma nos exteriores, e que posúe un certo nivel de coñecementos e de experiencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficio dos albaneis. Arte de traballar con pedras, cal, argamasa, area e outros materiais de construción en edificacións interiores e exteriores.
-
PERSOEIRO
Militar e humanista. Foi nomeado titor do futuro Filipe IV (1612). Ordenado sacerdote, foi rexente da abadía de Alcalá la Real e administrador do Arcebispado de Granada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Albania, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Albania.
-
Pobo de orixe indoeuropea que habita Albania e diversos núcleos de Iugoslavia (fundamentalmente en Kosova) e Grecia, e forma importantes colonias emigrantes no S de Italia, Turquía e os EE UU. A maior parte da poboación albanesa, preto do 97%, é descendente das antigas tribos ilirias que, mesturadas cos tracios, tamén indoeuropeos, poboaron a península balcánica denantes de gregos e eslavos. O tipo predominante é o dinárico.
-
Lingua da familia indoeuropea, con algo máis de catro millóns de falantes, que se estende pola costa oeste da península balcánica, en Albania e polas áreas limítrofes de Serbia e Grecia. Existen tamén algúns puntos de fala albanesa esparexidos por Italia (Os Abruzos, Molise, Basilicata, Apulia, Calabria e Sicilia) e Grecia (Voiotía, Ática, Évvoia, Andros e o Peloponeso). A primeira mostra escrita do albanés non se atopa ata o século XV. Sobre as súas orixes non se sabe moito nin tampouco sobre as súas relacións co resto das familias indoeuropeas: a tese tradicional facía descender o albanés do ilirio, antiga lingua falada no norte da actual Albania, outras propostas relacionábano co tracio. Actualmente, considérase como o único membro coñecido dun novo grupo indoeuropeo. O territorio albanés sufriu diversas invasións e pertenceu a distintos imperios (Búlgaro, Bizantino, Serbia, Imperio Otomano, etc) ata que despois da Primeira Guerra Mundial logra a súa independencia e...
-
arte albanesa
-
literatura albanesa
-
cine albanés
-
-
ENTRADA LARGA
Estado da Península Balcánica, na costa adriática oriental, limitado ao N por Iugoslavia, ao L por Macedonia e ao S por Grecia (28.748 km2; 3.293.000 h [estim 1997]). A capital é Tirana.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Pechada por sistemas montañosos que ocupan as dúas terceiras partes do seu territorio, e por unha chaira litoral palustre, poden diferenciarse cinco rexións físicas. No N, os Alpes Albaneses, de estrutura calcaria, grandes macizos de cristas agudas e vales profundos cubertos de morrenas que lle confiren un aspecto alpino, elevándose sobre as chairas de Kosova e Metohija, en territorio da Federación Iugoslava. No L, na Albania interior montañosa, a superficie calcaria é menos continua, con cumes máis baixos e redondeados. Os ríos (Drin, Mat, Shkumbin) formaron vales separados por cristas que non superan os 2.500 m (Guri i Zi, 2.073 m, Valamare, 2.373 m). Esta área está drenada polo Drin, o Mat e o Shkumbin e a poboación concéntrase nas... -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado polos historiadores antigos á rexión comprendida entre a costa occidental do mar Caspio o L da Iberia caucásica e o N do río Kura. Correspóndese coa parte N de Acerbaixán e S do Daguestán.
-
LAGOS
Lago do cráter dos montes Albanos, no Lacio, Península Itálica, a 293 m de altitude; a súa área é de 6 km2 e ten unha profundidade de 170 m. Tamén se denomina Lago de Castelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cristián británico morto durante a persecución de Diocleciano en Verulam, onde máis tarde foi erixida a abadía de Saint Alban, famosa no s XIII. A súa festa celébrase o 22 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo étnico albanés, aproximadamente 3.000.000 de h, que habita na provincia de Kosova, na República de Serbia (Federación Iugoslava). Os sinais de identidade e a política xenófoba iniciada por Milosevic (presidente serbio) contra eles en 1991, propiciaron o xurdimento dun forte movemento independentista. Os conflitos étnicos agravados en 1988 provocaron o desprazamento de milleiros de refuxiados cara aos campos de Albania, Macedonia e outros países, que culminaron en 1999 coa Guerra de Kosova.
-
MONTES
Monte da parroquia de Sabariz, concello de Rairiz de Veiga de 702 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO