albanokosovar
albanokosovar
(
adx e s
Grupo étnico albanés, aproximadamente 3.000.000 de h, que habita na provincia de Kosova, na República de Serbia (Federación Iugoslava). Os sinais de identidade e a política xenófoba iniciada por Milosevic (presidente serbio) contra eles en 1991, propiciaron o xurdimento dun forte movemento independentista. Os conflitos étnicos agravados en 1988 provocaron o desprazamento de milleiros de refuxiados cara aos campos de Albania, Macedonia e outros países, que culminaron en 1999 coa Guerra de Kosova.