"Aldara" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Antigo nome galego de orixe xermánica, formado co elemento hild- ‘guerreiro’ e wars ‘sabio’. Presenta como variante a forma Ilduara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Ilduara Eriz , santa (? - ? 948) Galega de nobre familia, filla de Ero Fernández e de Adosinda, e nai de san Rosendo (Rudesindus), o fundador e primeiro abade do mosteiro de Celanova. Casou co conde Gutier e tivo cinco fillos: o antedito Rosendo (a quen sempre chamou o fillo da promesa), Munio, Froila, Adosinda e Hermesinda. A súa vida trancorreu nas comarcas de Salas, Portomarín e Vilanova dos Infantes. Fixo doazóns ao mosteiro de Celanova. O seu fillo Rosendo mandou gravar sobre o seu sartego unha inscrición en latín que dicía: “Aquí xace o corpo santo de Aldara profesa enterrado por Rosendo Bispo, fillo dela, o 13 das calendas de xaneiro da era 986”. Rendéuselle culto en Galicia durante moitos anos. A súa festa celébrase o 21 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da protagonista da lenda da “doniña cerva” do castelo de Doiras, na parroquia de Vilarelle, Cervantes. En época incerta, o señor do castelo, de nome Froias ou Froiaz, tiña dous fillos: o maior, varón de nome Egas, e Aldara, a súa fermosa irmá, de quen queda prendado Aras, fillo do señor dun castelo veciño. Anunciado o casamento, Aldara desaparece un serán pese aos esforzos na súa procura; co tempo, a súa ausencia constituíu a normalidade. Un día de cazaría, Egas acerta a matar cunha seta a unha fermosa cerva branca, á que lle curta unha pouta como sinal de pertenza, deixando alí o resto do corpo. Cando, chegado ao castelo, amosa ao pai o trofeo, contemplan estarrecidos o anel de ouro con engaste de pedra rubia, que recoñeceron de Aldara, inserido no dedo correspondente da man humana na que trocara a pouta de cerva. De volta ao lugar onde xacera o animal, achan o cadáver de Aldara, a quen, en efecto, falta a man do anel. Polo tipo de enfeitizamento, que cesa coa morte da víctima e co...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi membro do coro de San Marcos de Venecia e alumno de Giovanni Legrenzi tamén en Venecia. Dirixiu na Llotja de Barcelona (1708), a estrea da súa ópera Il più bel nome. Posteriormente estreou outras óperas, como Zenobia, Imeneo e Scipion nella Spagna. Compuxo numerosas óperas: Dafne (1719), Don Quichotte (1727) e La Clemenza di Tito (1734). Tamén foi autor de numerosos oratorios e cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Raffaello Sanzio, participou na decoración das Loggie do Vaticano e realizou paisaxes e imitacións en grisalla de relevos clásicos. Viaxou a Messina (1527), onde pintou, entre outros, Andata al Calvario (1543).

    VER O DETALLE DO TERMO