Aldara

Aldara

ou Ilduara Eriz , santa (? - ? 948) Galega de nobre familia, filla de Ero Fernández e de Adosinda, e nai de san Rosendo (Rudesindus), o fundador e primeiro abade do mosteiro de Celanova. Casou co conde Gutier e tivo cinco fillos: o antedito Rosendo (a quen sempre chamou o fillo da promesa), Munio, Froila, Adosinda e Hermesinda. A súa vida trancorreu nas comarcas de Salas, Portomarín e Vilanova dos Infantes. Fixo doazóns ao mosteiro de Celanova. O seu fillo Rosendo mandou gravar sobre o seu sartego unha inscrición en latín que dicía: “Aquí xace o corpo santo de Aldara profesa enterrado por Rosendo Bispo, fillo dela, o 13 das calendas de xaneiro da era 986”. Rendéuselle culto en Galicia durante moitos anos. A súa festa celébrase o 21 de decembro.

Palabras veciñas

Aldao Barbeito, | Aldao e Castro, irmáns | Aldara | Aldara | Aldara | aldazina | aldea