"Aldemunde" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • FAMILIAS

    Familia de impresores composteláns formada por Buenaventura Aguayo (1747-1752), Ignacio Aguayo e Aldemunde (1759-1785), Santiago Aguayo (1765-1788) e Ignacio Aguayo (1788-1813), que herdaron a imprenta de Antonio Aldemunde. Nomeados impresores do cabido compostelán, compartiron coa familia Frayz o monopolio da imprenta en Santiago ata principios do s XIX. Produciron, entre outras, as seguintes obras: Defensa del marqués de Valladares de Álvarez Neira (1765), o Sermón de Sarmiento (1772) e imprimiron ao longo de 1813 o xornal La Estafeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de santa María Madalena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e diplomouse na École de Hautes Études en Sciences Sociales de París. Investigou sobre temas relacionados con Galicia. En 1979 editouse un volume da súa autoría titulado Os labregos na prensa galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresor establecido en Santiago de Compostela a principios do s XVIII. No período de traballo da súa imprenta (1705-1726) saíron case todas as obras publicadas en Galicia, entre elas: Sinodales del obispado de Mondoñedo e Grano de teología moral de Barbeito.

    VER O DETALLE DO TERMO