"Allāh" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 29.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ ammad ibn Ya’qūb al-Nā ṣ ir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - al-Anbar 754) Califa (750-754) fundador da dinastía abbásida, caracterizouse por métodos políticos sanguinarios. Fixo de Al-Kūfa (Iraq) a súa primeira capital, pero acabou residindo en Hašemiyya por razóns de seguridade.
-
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, na confluencia do Yamunā e o Ganxes (792.858 h [1991]). Lugar de peregrinaxe. A cidade antiga está dominada polo forte Akbar (1538). Ten universidade e aeroporto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emir de Afganistán (1919-1929). Terceiro fillo de Ḥ ābib Allāh Khān, depuxo ao seu irmán, Na ṣ r Allāh, sucesor do seu pai, e tomou o poder (1919). Loitou contra o Reino Unido e logo asinou con este país o Tratado de Rāwalpindī (1919). En 1923 foi proclamado Rei. Os seus intentos de europeización provocaron a reacción dos ulemas, que promoveron revoltas que obrigarían a abdicar en 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mīrzā Ḥ usayn Alī Nūrī.
-
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático árabe, coñecido en Occidente por Albategnius. Habitou en Al-Raqqa, preto do Éufrates. Deu aos estudios astronómicos un enfoque científico. Continuador da obra de Ptolomeo, perfeccionou algúns puntos do seu Almaxesto. Dedicouse á confección de táboas e mediu con máis precisión ca os gregos a inclinación da eclíptica e o ano trópico. Observou as eclipses do Sol e da Lúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Viaxeiro e historiador. Cadí de València, escribiu unha Historia dos sabios de Al-Andalus, que permitiu un mellor coñecemento dos primeiros séculos da dominación árabe na Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa numerosa obra só se conserva un dicionario biográfico de sabios andalusís precedido dunha introdución histórica que chegou a 1058, G ǎ ḏ wat al-muqtabis fī dikrwūlat al-Andalus.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Cisxordania situada ao N de Xerusalén, que forma parte dos territorios administrados pola Autoridade Nacional Palestina. Nela sitúanse as institucións que gobernan Palestina. Na Muqata, antigo cárcere británico, estivo confinado Y. Arafat durante casi tres anos (2001-2004) e foi o lugar escollido para o seu enterro, de xeito provisional, mentres non poida ser trasladado á explanada das mesquitas en Xerusalén.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador persa. Foi médico e visir do il-khan Ghazān Khān. Escribiu Jāmi ‘al-Tawārīkh, unha historia do mundo desde a creación ata a súa época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. É autor de composicións báquicas e amorosas, e dunha maqāma en eloxio do cálamo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista musulmán. Fundador da escola Šafi’ī, foi discípulo de Mālik ibn Anas en Medina, e viviu en al-Fus ṭ āt (O Cairo Vello), onde a súa tumba é obxecto de peregrinaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Florida, EE UU, situada no extremo superior da península de Florida, á beira da fronteira con Georgia (150.624 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-Andalus no 721 e do 730 ao 732. Efectuou unha expedición a Aquitania para reprimir a rebelión do bérber Munusa e tomar Bordeos. Derrotado e executado por Carlos Martell.
-
PERSOEIRO
Emir omeia. Fillo de Mu ḥ ammad I, casou con Oneca, filla de Fortuno Garcés de Navarra. No ano 888 substituíu o seu irmán Mundir, quen posiblemente foi asasinado. Despois fixo decapitar o seu segundo fillo al-Mutarrif, que pretendía usurparlle o trono. Durante o seu reinado acadou o punto máis importante a crise provocada polo pulo que van tomando os reinos cristiáns do norte, a inquietude dos muladís e mozárabes e o particularismo árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada, da familia zírida. Sucedeu ao seu avó Badis no ano 1073. Foi deposto por Yūf ibn Tašin. Como monarca, interesáronlle máis as letras que a política.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Califa de Sudán dende 1885, sucesor do Mahdī Mu ḥ ammad A ḥ mad ibn ‘Abd Allāh. Foi vencido polos británicos e os sudaneses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de Granada (? 1145) e de València. Foi nomeado polo seu pai Mu ḥ ammad ibn Gānīya herdeiro do Goberno de Mallorca. Morreu asasinado polo seu irmán Is ḥ aq ibn Gānīya.
VER O DETALLE DO TERMO