Allahābād

Allahābād

Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, na confluencia do Yamunā e o Ganxes (792.858 h [1991]). Lugar de peregrinaxe. A cidade antiga está dominada polo forte Akbar (1538). Ten universidade e aeroporto.