"Almansa" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado no altiplano de Almansa (23.507 h [1996]). Industria do calzado. O pantano de Almansa, preto da cidade, foi construído en 1348. Castelo. Palacio dos Condes de Cirat, pinturas rupestres prehistóricas de Alpera e restos do santuario ibérico do Cerro de los Santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe descendente dos antigos Frolaz, dos que conservaron os armiños das súas armas. Estendéronse por terras de León, Ciudad Real, Granada, Andalucía e Extremadura. As súas armas levan, en campo de prata, nove armiños de sable; bordo de goles con oito aspas de ouro. Outra variante ostenta, sobre campo de ouro, tres cabezas de reis mouros, con cadansúa espada quebrada nelas e unha lenda que reza “Estas tres con grande afán, segun por verdad se alla, Juan de Almansa, capitán -en tempo de rei don Juan- las ganó en una batalla”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de guerra que tivo lugar no 1707 entre as forzas de Filipe de Anjou (futuro Filipe V), comandadas polo duque de Berwick, e as do arquiduque de Austria Carlos VI, comandadas polo marqués de Minas e por lord Galway, na Guerra de Sucesión á Coroa das Españas. Foi un enfrontamento entre casteláns e franceses polo bando filipista, e portugueses, británicos e holandeses polo bando aliado. O duque de Berwick, que agardaba ao duque de Orleáns, cabeza dos exércitos borbónicos na Península Ibérica, encontrábase preto do porto que separa A Mancha da Comunitat Valenciana, onde foi atacado polo exército aliado. As forzas aliadas obtiveron un certo éxito inicial, pero Berwick desenvolveu unha manobra envolvente. Os estragos que produciu a cabalería filipista obrigaron ás tropas do arquiduque a se retirar cara a Alacant. Berwick fixo avanzar os seus xinetes e atacou as tropas do arquiduque transformando a súa vitoria do día anterior nun desastre aliado. A Batalla de Almansa decidiu a sorte inmediata...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Vicerrei de Nova España (1568-1580) e do Perú (1581-1583). No vicerreino de Nova España limpou as costas de piratas ingleses, combateu os indios huachís e creou os fortíns de San Felipe, Ojuelos e Portezuelos. No Perú instaurou o servizo postal e fundou San Luis de Potosí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estatístico. Iniciou en España o método histórico da demografía e creou un laboratorio de demografía retrospectiva no seo do Instituto Balmes. Publicou La población de Galicia según los documentos estadísticos y descripticos de cada época (1948) e Análisis estadístico de los municipios minúsculos de España: municipios de población inferior a 1001 habitantes, su localización, su estrutura, sus actividades (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO