Almansa

Almansa
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe descendente dos antigos Frolaz, dos que conservaron os armiños das súas armas. Estendéronse por terras de León, Ciudad Real, Granada, Andalucía e Extremadura. As súas armas levan, en campo de prata, nove armiños de sable; bordo de goles con oito aspas de ouro. Outra variante ostenta, sobre campo de ouro, tres cabezas de reis mouros, con cadansúa espada quebrada nelas e unha lenda que reza “Estas tres con grande afán, segun por verdad se alla, Juan de Almansa, capitán -en tempo de rei don Juan- las ganó en una batalla”.