"Amando" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • GALICIA

    Pintor establecido en Vigo. Nos anos oitenta a súa obra baseábase en actitudes expresionistas, pero posteriormente a natureza e a arquitectura pasan a mesturarse sen vontade de esteticismo. Ten a súa obra en coleccións públicas. Foi promotor e comisario da exposición Medievo (1995), no castelo de Soutomaior, onde entre outros estaban, Hernández Pijuán, Nacho Criado, Eva Lootz, Menchu Lamas e Antón Patiño. É fundador e editor da revista Microfisuras, que coodirixe cos filósofos Ignacio Castro, Francisco Jarauta e o pintor Antón Patiño. Escribiron sobre a súa obra entre outros, Miguel Fernández Cid, Antón Castro e Fernández Castro Flórez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foi Bispo desta vila belga, frade na illa de Yeu e despois en Tours e Bouges; tamén Apóstolo de Flandres, pois evanxelizou a rexión de Gante e fundou varias abadías. Era moi devoto de san Pedro. A lenda di que estando en Roma pasaba as noites na basílica vaticana; unha vez que o expulsaron dela quedou nas escaleiras, onde se lle apareceu san Pedro para ordenarlle volver á Galia. Tamén se conta del que librou de serpes a illa de Yeu facendo un burato no chan; lenda semellante á de santo Adrián en Galicia e a de san Patricio en Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe de Yeu e Bispo. Foi o evanxelizador de Bélxica e o propagador do monacato tanto na Galia como nos países nórdicos. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín amandus ‘que merece que o amen’. Un antigo Amando sería o que lle daría nome ás terras de Amandi, da Ribeira Sacra, de gran sona polos seus viños; unha vez máis, como adoita acontecer un antropónimo convértese en topónimo. A festa de santo Amando de Maastricht (s VII) celébrase o 6 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Catedrático de Economía Política e Facenda Pública en Santiago de Compostela desde 1907, foi un importante propagandista do agrarismo católico, moi activo nas campañas rurais. Colaborou con diversas publicacións periódicas, entre outras, La Paz Social, La Lectura, Idearium, La Alhambra, Das literarische Echo e Le Mouvement social. Dos seus traballos cómpre destacar La democracia cristiana y la política nacional (1902), El trabajo y el salario (1907), El trabajo a domicilio en España (1908), La cooperación en la agricultura: manual de economía social agraria (1909), La VOT de San Francisco como institución para promover y mantener el progreso social (1910), La asociación agraria, socialista y ácrata (1910) e Los principios cristianos y la transformación y aun abolición del salariado (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Coordinou a administración local no Val de Lemos durante a República e, en 1978, foi vicepresidente da comisión mixta de transferencias Xunta-Deputacións e vogal da comisión de toponimia de Galicia. Publicou, en colaboración con Eduardo Seijas, a Guía del camino francés de la provincia de Lugo (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo. Master of Science en Mellora Xenética Vexetal pola Universidade de Minnesota (1973) e doutor en Enxeñaría Agrónoma pola Universidad Politécnica de Madrid (1974), foi científico titular (1975-1988) e investigador (1988-2000) do CSIC, director da Misión Biológica de Galicia (1987-1989 e 1991-2002), e profesor de investigación e coordinador institucional do CSIC en Galicia desde 2000. Desenvolveu catro variedades de millo de uso comercial e fixo posible a creación dun banco de xermoplasma de millo e do xénero Brassica, de orixe galega, a única no mundo. Ten publicados máis de 104 traballos sobre a súa especialidade en revistas de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Amando de Ossorio, comezou como xornalista en Madrid e interesouse tamén pola pintura, a escultura, a fotografía ou a literatura. Contactou co mundo do cine a través do produtor Pedro de Juan e do director ourensán A. Román. Da súa obra destacan as curtametraxes El misterio de la endemoniada (1942) e El último carnaval (1942), e os filmes La bandera negra (1956), dun estilo entre expresionista e surrealista filmado en branco e negro, Malenka, la sobrina del vampiro (1968), La noche del terror ciego (1971), El ataque de los muertos sin ojos (1973), La noche de las gaviotas (1975) e Serpiente de mar (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amando Ossorio Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escuela de Artes e Industrias de Madrid. Colaborou como ilustrador en diversas publicacións e libros, como Ribadeo antiguo (1931) de F. Lanza, e foi un dos creadores de Orientaciones e Ronsel. Como debuxante, as súas ilustracións caracterizáronse polo trazo fino das liñas, próximas ao expresionismo, e desde 1927 foron máis idealistas. Cultivou a paisaxe, mariñeira ou rural pero non urbana, ben de xeito illado ou formando parte dunha escena. As súas obras presentan contrastes entre zonas iluminadas e outras máis escuras. Os lenzos de comezos da década de 1930 amosan unha influencia cubista. Destacan Escena mariñeira, A renda, O crego, Caseta de tiro (1927-1930), Xogadores de xadrez (1927-1930), Tarde apracible (1954), Xogos de luz con chuvascos nas Rías Altas (1965) e Anciáns do asilo (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO