Amando/Amanda
Amando/Amanda
[ONOM]
Nome procedente do latín amandus ‘que merece que o amen’. Un antigo Amando sería o que lle daría nome ás terras de Amandi, da Ribeira Sacra, de gran sona polos seus viños; unha vez máis, como adoita acontecer un antropónimo convértese en topónimo. A festa de santo Amando de Maastricht (s VII) celébrase o 6 de febreiro.