"Amur" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 36.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bari, na Pulla, Italia, ao SL de Bari (61.242 h [1996]). Conserva as murallas e unha catedral do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Asia que constitúe a liña divisoria entre a Asia central árida, Siberia e a Asia oriental monzónica (4.350 km e 1.850.000 km2 de conca). Nace na fronteira ruso-chinesa da confluencia do Argún e o Xilka e forma a fronteira entre os dous países ata Khabarovsk, onde toma bruscamente dirección norte cara ao territorio ruso e á desembocadura no mar de Okhotsk, preto de Nikolajevsk-na-Amure. O seu curso superior ten poucas aportacións por mor da aridez das rexións que drena pero enriquécese, de seguido, polas aportacións do Zeja e o Bureja, afluentes pola esquerda, e do Ussuri, pola dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast de Rusia (363.700 km2); 1.032.000 h [estim 1997]. A capital é Blagovescensk.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte do costado dun navío, cara á proa, por onde comeza a ser máis estreito.

      2. Anchura do barco situada aproximadamente na oitava parte da súa eslora a partir da proa, medida sobre unha perpendicular.

      3. ollar pola amura p ext

        er (un barco, una faro, terra, etc) cunha marcación duns 45° (amura de estribor) ou duns 315° (amura de babor).

    1. Cabo suxeito a cada un dos puños baixos das velas de cruz e que serven para amarralas ou modificar a súa posición.

    2. Nas velas de coitelo, foques e en todas as velas triangulares, cabo suxeito ao puño da amura e que serve para amarralo.

    3. Puño formado pola intersección do bordo superior e o bordo inferior da vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prolongación do costado dunha embarcación pola parte interior da mesma.

    2. Parte superior de cada lado da embarcación pola parte interior da mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pechar cunha muralla unha cidade, unha vila, un castelo ou calquera edificación que se queira protexer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levar cara a barlovento o puño baixo dunha vela baixa e amarrala ao costado do barco coa amura para poder cinguir mellor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queima da masa de terra amontoada e seca que hai nas leiras para convertela en cinsa e fertilizante para o campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Araba, en Euskadi, preto do río Nervión (9.758 h [1996]). Ten unha igrexa románica e o pazo de Guinea, cun pórtico gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo país de Oriente Próximo localizado en Siria, ao sur de Qatna. Era unha das numerosas unidades territoriais creadas polos amoritas que xa aparece documentada no s XVIII a C en textos de Mario e no s XVIII nas táboas de Alakah. A partir do s XV a C cae baixo o dominio da XVIII dinastía exipcia. O país acadou a súa plenitude baixo o dominio de Aziru (1350 a C), quen asinou un tratado de vasalaxe co hitita Šuppiluliumaš I. A dinastía mantívose case ata a invasión dos Pobos da Mar (1.200 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade dos amoritas, fillo do deus Anna. O seu culto foi introducido polos amoritas en Mesopotamia durante a III dinastía sumeria de Ur e mantívose ata a época neobabilónica. Foi identificado como Anu, Sin e Adad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe mongol da rama Khoyit dos Ölöt. Neto de Tsewangrabtan, xefe dos Oinat, rebelouse contra o descendente lexítimo, Tsewangdorxi. Axudado polos chineses, que o puxeron no trono (1755), rebelouse contra a soberanía manchú, motivo polo que os mesmos chineses o derrocaron e mataron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do pan de millo que está moi doce por ter requentado o gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Turquía, no extremo meridional da Anatolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leña miúda que se emprega para acender o lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo ou aparello que, con mal tempo, se emprega como reforzo na amura da vela maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reforzar un muro ou muralla cun contramuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muro que se constrúe a carón doutro para protexelo e reforzalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desatar as amuras das velas.

    VER O DETALLE DO TERMO