"Andeiro" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome galego que posteriormente pasou a apelido, función coa que aínda pervive en Portugal. De orixe escura, para uns vén de Anterio (derivado de Anteros, antigo nome dun deus grego do amor pederástico e irmán de Eros), frecuente entre escravos e libertos romanos; e, para outros, de Emeterio (de procedencia grega co significado de ‘materno’). Do xenitivo latino Emeterii podería vir o nome de lugar Meder e, de Sanctum Emeterium, Santander. Como topónimo, Andeiro é unha parroquia de Cambre. Andeiro e Celidonio, dous dos santos máis antigos no culto hispánico (s VI), foron mártires nados na Gallaecia asturicense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda das terras de Bergantiños, dende onde saíron ramas que fundaron novas casas en Sofán, Goiáns, Mondoñedo, Ourense e Granada. Desta familia galega, descenden os Andeiro de Portugal que marcharan a servir o Rei Pedro I no século XIV. Xoán de Andeiro obtivo, a cambio do apoio real, tres vilas e o condado de Ourén. Por mor da súa relación coa raíña Leonor (esposa de Fernando de Portugal), o Rei Xoán I, fillo de Pedro I e sucesor de seu irmán Fernando, mandouno matar; con el despareceu o seu condado. As súas armas levan, en campo de goles, unha torre de pedra. Outra variante trae, en campo de goles, un castelo de pedra.
-
PERSOEIRO
Natural da Gallaecia Asturicense e fillo do centurión san Marcelo foi, xunto co seu irmán san Celidonio, decapitado no ano 303 baixo o Imperio de Diocleciano.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da Serra de Larouco, no límite entre as parroquias de Lucenza (concello de Cualedro) e Gudín (Xinzo de Limia), que ten o seu cumio a 1.026 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Bandeira pequena usada como distintivo, ornamento, etc.
-
Mensaxe publicitaria realizada en tea, cartón ou superficie plástica e que xeralmente se presenta como colgante. As bandeirolas urbanas teñen uns tamaños e características predeterminadas e moi variadas; normalmente se colocan nas farolas de iluminación pública.
-
Bandeira pequena, como a que se soía poñer no cume da hasta das lanzas dos soldados de cabaleiría.
-
Bandeira destinada a facer sinais ou indicacións.
-
Bandeira pequena, alongada e estreita, rematada en punta, colocada nas representacións heráldicas nas mans de Cristo resucitado, de san Xoán Bautista e doutros santos.
-
Pao empregado para sinalar puntos determinados dun terreo no momento de medilo, de marcar unha localización, un límite, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que exerce prácticas curativas en persoas ou animais valéndose de coñecementos médicos de tipo tradicional e empírico, ou de prácticas máxicas ou relixiosas. Ademais dos compoñedores -que non empregan tanto a medicina máxica senón que orientan máis o seu traballo a compoñer ósos fracturados articulacións ou tendóns escordados, e tratar certas enfermidades especiais e frecuentes nos animais-, na sociedade tradicional galega e europea hai dous tipos de curandeiros, asociados aos distintos sistemas médicos. Por un lado están os curandeiros ou menciñeiros (ou as curandeiras médicas) que curan fundamentalmente con plantas; moitas destas plantas levan nomes de santos e son consideradas sagradas polo santo que lles dá o nome, outras son herbas comúns ás que recorren para o seu curandeirismo supersticioso, como as follas de loureiro, de romeo, artemisa, carballo, oliveira, menta, fiúncho, ruda, etc; e, polo outro, os curandeiros (ou as bruxas curandeiras)...
-
PERSOEIRO
Conde de Andeiro e Ourém (Portugal). Partidario de Pedro I refuxiouse en Portugal trala chegada ao trono castelán de Enrique II. Trala sinatura da Paz de Santarém (1372), trasladouse a Inglaterra á corte do duque de Lancaster, onde solicitou a súa axuda en nome do monarca portugués. Amante da Raíña Leonor de Portugal, foi nomeado primeiro ministro de Portugal trala morte de Fernando I (1383). Foi mandado asasinar un ano máis tarde polo futuro Rei Xoán I de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao gando.
-
-
Propietario de gando.
-
Persoa que comercia con gando.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é bastante grande.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten por oficio lavar a roupa.
-
-
Instrumento musical de percusión cuadrangular constituído por un bastidor de madeira, duns 35 cm de lado e 5 cm de ancho, revestido dunha pel de cabra, dobrada nun dos seus extremos e cosida nos outros tres, que se toca golpeándoo coas mans, os cotenos, etc. No interior sitúanse unhas pequenas cordas das que se penduran uns axóuxeres que lle dan maior sonoridade, e no exterior vai unha correa de coiro para poder penduralo do pescozo, ou ben dúas cintas para poder atalo no van.
-
Músico que toca este instrumento.
-
-
-
silencioso.
-
Que fala pouco.
-