"Andorra" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Teruel, Aragón, regado polo regueiro de Regallo (8.282 h [1996]). No seu termo municipal está localizada unha importante central termoeléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SO de Europa que limita ao N con Francia e ao S con España (468 km2; 64.600 h [estim 1997]). A capital é Andorra la Vella.
    Xeografía física
    É unha rexión montañosa. O seu pico máis alto é o alto de Coma Pedrosa (2.946 m). O territorio está integrado no eixo pirenaico, erguido e pregado nos dobramentos hercínico e alpino. Así mesmo, no seu territorio atópanse sinais do modelado de orixe glaciar. O clima do territorio é de montaña seco. A vexetación de Andorra é continental de montaña e presenta a zonificación de pisos típica da vertente meridional dos Pireneos: piso montano con bosque submediterráneo de carballo e, cara ao cume, con extensos piñeirais de piñeiro vermello e abetos; piso alpino dos prados. Nos vales baixos pode chegar a parecer un aciñeiral mediterráneo; sen embargo, esta paisaxe, sobre todo nos vales, está moi humanizada.
    Xeografía económica
    A economía tradicional de Andorra baseábase esencialmente na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do Principado de Andorra (21.984 h [1995]). Está situada no amplo val central, de orixe glacial, atravesado polo Valira. A súa actividade económica derivada do turismo e do comercio, actividades que adquiriron forte pulo logo da Segunda Guerra Mundial. Entre o seu patrimonio cultural cómpre salientar a Casa de la Vall, exemplo de arquitectura mixta de uso civil con atributos defensivos de tradición medieval e decoracións murais de tema relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao Principado de Andorra ou a Andorra la Vella, ou aos seus habitantes.

      2. Natural do Principado de Andorra ou de Andorra la Vella.

    1. Habitante do Principado de Andorra ou de Andorra la Vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Umia pola dereita, que nace entre as parroquias de Godos (Caldas de Reis) e Baión (Vilanova de Arousa) e que discorre por este último concello, onde tamén desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO