"Anelo" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Peneira de pel e sen buratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Talo das herbáceas, especialmente o do toxo e da col.

    2. Cada unha das dúas partes ou cada un dos cravos da ferradura que se lle pon ao gando bovino que ten o casco brando.

    3. Parte delgada do óso do xamón que case non ten carne.

    4. Peza de metal ou doutro material con forma de cilindro na que se enrola o fío que se emprega nas máquinas de coser ou no tear.

    5. Peza de pan de trigo con ovos e azucre que lles daban os noivos aos veciños o día do casamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das láminas rectangulares de pasta de fariña de trigo na que se envolve un recheo de carne, peixe ou verduras.

    2. Prato de orixe italiana que consiste nunha fina pasta rectangular enchida de carne, peixe ou vexetais, especialmente de espinacas, cuberta cunha salsa bechamel, tomate ou con outra salsa, salpicada con queixo e gratinada. A pasta pode precisar ou non unha cocción previa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento homónimo, en Uruguay (17.316 h [1985]). É o centro comercial dunha rexión agrícola e gandeira. Fundada en 1774 por Juan Miguel de Laguna, en 1828 foi a capital do país co nome de Guadalupe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay (4.536 km2; 410.524 h [1996]). A capital é Canelones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito situado entre Europa e Asia que une o Mar Exeo co de Mármara. Esténdese de SO a NL ao longo de 60 km, cunha profundidade media de 55 m. Xunto co mar de Mármara e o estreito do Bósforo, facilita a comunicación entre o Mar Mediterráneo e o Mar Negro. As cidades máis importantes do estreito son Gelibolu, na parte europea, e Çanakkale (53.900 h [1990]), na parte asiática. A navegación é dificil polos fortes ventos, así como a frecuente néboa. Historicamente, tivo sempre importancia estratéxica e foi escenario de numerosos conflitos bélicos que buscaban o dominio do tráfico comercial entre Europa e Asia (entre as escuadras de bizantinos e venecianos, e as de rusos e turcos), e de conflitos internacionais polo libre tránsito dos barcos, que enfrontaron os turcos e as potencias europeas na Cuestión dos Estreitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación militar aliada contra Turquía que se desenvolveu en 1915 coa intención de comunicarse con Rusia e forzar o abandono de Turquía da Primeira Guerra Mundial. Os desembarcos de Gallípoli e o ataque a Selddülbahir foron neutralizados polos turcos, comandados por Mustafà Kemal e Liman von Sanders. Os aliados retiráronse o 20 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rolo cilíndrico de estopa que deixan o liño ou o cánabo despois de restrelalos.

    2. Cantidade de cousas que se collen dunha soa vez coa man ou que caben na man.

    3. Madeixa de liño que xa se fiou.

    VER O DETALLE DO TERMO