"Anzio" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • LOCALIDADES

    Localidade do Lacio, Italia (32.101 h [1991]). É un porto pesqueiro do mar Tirreno e centro de veraneo. Corresponde á antiga Antium, que foi conquistada por Roma, chegando durante a Época Imperial a ser unha famosa estación de ocio. Nas escavacións realizadas atopáronse numerosas obras de arte, entre elas a Moza de Anzio, estatua probablemente grega do s III a C, o Apolo do Belvedere e o Gladiador Borghese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista e médico italiano. Describiu o conduto que une a vea umbilical coa cava superior no feto, e que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, pai de Raffaello Sanzio. As súas obras presentan unha composición equilibrada e serenidade nas expresións, características que adoptou de Perugino e de artistas da corte de Urbino como P. della Francesca ou Melozzo da Forlí. Destaca Madonna e santi (1484). Escribiu unha Cronaca in rime, sobre as xestas de Federico de Montefeltro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto italiano, fillo de G. Sanzio. Coñecido como Rafael, formouse no ambiente da corte de Urbino. Estudou a obra de Piero della Francesca e arredor de 1500 foi a Perugia, onde aprendeu a técnica e colaborou con Il Perugino, que supuxo unha grande influencia para el (Sposalizio dellla Vergine, 1504). O respecto á tradición umbriana e a claridade da luz definiron as obras do seu período florentino (1504-1508) onde, vinculado estreitamente ao círculo neoplatónico, estudou a Leonardo da Vinci, de quen herdou a preocupación polo estudo científico do corpo humano (Madonna Terranova, Sacra Famiglia), e a Miguel Anxo, de quen recibiu un certo ton monumental e grandilocuente (Giovane con la mela, Giovane dall’unicorno). Desta época tamén destacan Madonne con il Bambino, Deposizione (1507) e a Madonna del Baldacchino, que sinalan unha evolución cara á representación do movemento. En 1508 viaxou a Roma...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. De nome Jan van Santen, estableceuse en Roma, onde fixo o Palazzo Borghese, ampliado por Maderna, a fachada da igrexa de San Sebastiano fuori le Mura e o Casino Borghese, reformado a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO