Anzio
Anzio
Localidade do Lacio, Italia (32.101 h [1991]). É un porto pesqueiro do mar Tirreno e centro de veraneo. Corresponde á antiga Antium, que foi conquistada por Roma, chegando durante a Época Imperial a ser unha famosa estación de ocio. Nas escavacións realizadas atopáronse numerosas obras de arte, entre elas a Moza de Anzio, estatua probablemente grega do s III a C, o Apolo do Belvedere e o Gladiador Borghese.