"Apia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 111.

  • Uso terapéutico das radiacións, especialmente das ultravioletas e das infravermellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso terapéutico da presión do aire, aumentada ou diminuída naturalmente, como nos coidados de altura, ou artificialmente, por medio de aparellos pneumáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso terapéutico de medicamentos en forma de aerosois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades por medio do aire, tanto se é do aire libre como dos baños de aire comprimido, inhalacións e demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento terapéutico por medio de correntes de aire quente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso do alcohol con fins terapéuticos. Actualmente só se utiliza dentro dun conxunto de medidas incluídas no tratamento da intoxicación por alcohol metílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de enfermidades infecciosas con antibióticos ou, en xeral, con calquera axente antiinfeccioso. Para que un tratamento con antibióticos sexa eficaz, cómpre empregar un antibiótico ou antibióticos apropiados para cada infección, o que aconsella a práctica do antibiograma. A dose ten que ser suficiente e a duración do tratamento a adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Samoa occidental, porto da costa norte da illa de Upolu e centro político, administrativo e económico do país (33.170 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Camiño romano que levaba de Roma a Capua. Leva o nome de Apio Claudio, que principiou a súa construción no 312 a C. Despois do 268 a C foi prolongada ata Brindisi. Estaba flanqueada por monumentos sepulcrais, en parte aínda existentes, como a tumba de Cecilia Metela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo da famila das apiáceas.

    2. Familia de plantas da orde das arilais á que pertencen 300 xéneros e 3.000 especies. Son principalmente herbáceas anuais ou perennes e rara vez lianas ou arbustos. As follas son alternas e, xeralmente, compostas e divididas. As flores son hermafroditas, pentámeras e case sempre actinomorfas, presentan un nectarífero e están dispostas en umbelas. Algunhas especies desta familia empréganse como alimento, como especias ou como plantas medicinais. En Galicia están presentes os xéneros Angelica, Anthriscus, Apium, Carum, Conopodium, Chaerophyllum, Chrithmum, Daucas, Eryngium, Foeniculum, Heracleum, Hydrocotile, Laserpitium, Oenanthe, Peucedanum, Physospermum, Pimpinela, Sanicula, Scandix, Seseli, Smyrnium, Thapsia, Tordylium e Torilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter piedade, compadecerse de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porta que se abre ou que se pecha dende o interior do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminuír progresivamente a intesidade dun son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego que viviu en Roma durante os imperios de Adriano e Antonio Pío. Escribiu unha Historia romana, en grego, coas conquistas como fío condutor, artellada por países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome humanístico do cartógrafo, cosmógrafo e astrónomo alemán Peter Bennewitz ou Biienewitz. Publicou o Cosmographicus liber ou Cosmographie (1524), que contén algúns dos primeiros mapas coñecidos de América, e o Astronomicum Caesarium (1540), con observacións dos avistamentos de 1531 do cometa Halley, aínda non denominado así.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás abellas.

    2. Lugar onde está situado un número máis ou menos grande de colmeas con vista á súa explotación. Trátase especialmente da instalación feita segundo as normas da apicultura racional. O apiario ten que estar situado, dentro da rexión adecuada, nun lugar seco, resgardado e a salvo das temperaturas extremas, coas colmeas orientadas de xeito que poidan recibir o sol da mañá e do serán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terapéutica estimulante das defensas orgánicas, xa en desuso, que consiste na inxección subcutánea ou intramuscular do propio sangue do enfermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de enfermidades infecciosas mediante a introdución de bacterias, vivas u mortas, no organismo do paciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de tratamento local ou xeral de certas doenzas, por medio das augas e dos baños medicinais, a area, a lama, o sol, o vapor de auga e algunhas das radiacións do espectro lumínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Uso terapéutico das radiacións β emitidas polo radio ou os isótopos radioactivos.

    2. Utilización terapéutica de feixes de electróns producidos por aceleradores de partículas como os betatróns, para a irradiación profunda de certos cancros.

    VER O DETALLE DO TERMO