apiario -ria
apiario -ria
(< lat apiarĭu, de apis ‘abella’)
-
adx
Relativo ou pertencente ás abellas.
-
s
m
Lugar onde está situado un número máis ou menos grande de colmeas con vista á súa explotación. Trátase especialmente da instalación feita segundo as normas da apicultura racional. O apiario ten que estar situado, dentro da rexión adecuada, nun lugar seco, resgardado e a salvo das temperaturas extremas, coas colmeas orientadas de xeito que poidan recibir o sol da mañá e do serán.
Sinónimos: abellariza, alvariza.