"Astérix" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Personaxe que dá o seu nome a unha serie de banda deseñada francesa con textos de René Goscinny e debuxos de Albert Uderzo. Apareceu por vez primeira na publicación infantil Pilote (1959). As aventuras deste guerreiro transcorren na Galia romanizada. Amais dos cómics editados en diversas linguas a nivel mundial, realizáronse unha serie de filmes de debuxos animados e unha película (Astérix e Obélix contra o César, 1999), interpretada, entre outros actores, por Gérard Depardieu e Roberto Begnini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro satélite artificial francés, chamado tecnicamente A-1. Foi lanzado mediante un foguete Diamant desde a antiga base de Hammaguir (deserto do Sáhara) o 26 de novembro de 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tremor localizado preferentemente nas mans, pero tamén na lingua e nos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO