Astérix
Astérix
Personaxe que dá o seu nome a unha serie de banda deseñada francesa con textos de René Goscinny e debuxos de Albert Uderzo. Apareceu por vez primeira na publicación infantil Pilote (1959). As aventuras deste guerreiro transcorren na Galia romanizada. Amais dos cómics editados en diversas linguas a nivel mundial, realizáronse unha serie de filmes de debuxos animados e unha película (Astérix e Obélix contra o César, 1999), interpretada, entre outros actores, por Gérard Depardieu e Roberto Begnini.