asterisco

asterisco

(

  1. s m [ESCR]

    Signo gráfico (*) usado na escritura e na imprenta para indicar a referencia a unha nota marxinal, para marcar as palabras, frases, etc, que teñen un carácter especial. En Lingüística indica que unha forma non está documentada, senón que é hipotética.

  2. s m [INFORM]

    Signo que nos sistemas operativos DOS e Windows se emprega como substituto de caracteres que se descoñecen, cando se necesita localizar ou abrir un arquivo ou unha serie deles. Así, buscando por inform*.* aparecen todos os ficheiros que comezan con esas letras.

Palabras veciñas

Asteria | Asterias | astérida | asterisco | asterismo | Astérix | Astérix