"BOAC" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siglas da compañía británica de aviación British Oveseas Airways Corporation, que se fusionou coa British Airways.
-
PERSOEIRO
Escritora en lingua francesa. Algunhas das súas novelas gañaron diferentes premios da Académie Française. Escribiu, entre outras, Rencontre à Grenade (Reencontro en Granada, 1956) e Les griffes du destin (Os selos do destino, 1959)
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Nicaragua (4.244 km2; 136.949 h [1995]). É unha rexión agrícola, gandeira, mineira e industrial. A capital é Boaco (7.757 h [1975]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia na que se reúnen algúns estados pertencentes ás Nacións Unidas para tratar diferentes aspectos relacionados coa situación da poboación do planeta e onde se ofrecen as pautas a seguir en política demográfica. A I Conferencia Internacional de Poboación tivo lugar en Roma en 1954, e a II Conferencia en Belgrado, en 1965. Na III Conferencia, levada a cabo en Bucarest en 1974 (Ano Mundial da Poboación), os países desenvolvidos presentaron o Plan de Acción Mundial sobre Poboación, baseado nun maior control da natalidade, coa intención de frear a desmesurada explosión demográfica mundial. Os países desenvolvidos opuxéronse ao plan por considerar que atribuía á superpoboación as causas do subdesenvolvemento, orixinado en realidade pola explotación dos países pobres por parte dos ricos. A IV Conferencia tivo lugar en México en 1984, e a V Conferencia no Cairo en 1994.
-
-
Acción de poboar.
-
Lugar poboado. Xeralmente fai referencia a unha entidade urbana.
-
-
Conxunto de habitantes dun lugar ou territorio determinados (estado, provincia, cidade, municipio, etc). O concepto pode designar fraccións variadas deste conxunto (poboación rural, urbana, masculina, feminina, activa, parada, etc) que en relación a el constitúen subpoboacións.
O estudo e a análise da poboación
A disciplina que se ocupa de xeito directo e específico da súa análise é a demografía. Existen ademais outras disciplinas afíns a ela que teñen como obxecto o estudo de aspectos máis cualitativos da realidade humana, relacionados coa variable demográfica. Entre elas destacan a xeografía da poboación, que analiza poboacións reais en espazos xeográficos identificados; a socioloxía da poboación ou demografía social, que enmarca os feitos demográficos no contexto da sociedade; e a historia da poboación ou demografía histórica, que estuda o desenvolvemento de poboacións reais en distintos momentos da historia. Os primeiros recontos poboacionais datan das civilizacións... -
poboación activa
Poboación que ten a idade mínima para acceder ao mercado laboral (16 anos) e que se atopa en situación de ocupación ou en estado de paro ou desocupación. A poboación activa ocupada é a que realiza unha actividade económica da que obtén unha remuneración, mentres que a poboación activa desocupada é a que busca o seu primeiro emprego ou a que deixou a actividade económica que realizaba.
-
poboación de dereito
Poboación integrada pola suma dos residentes presentes e ausentes nunha determinada unidade administrativa no momento de producirse calquera reconto de poboación. Ten uns dereitos e deberes respecto do concello no que está censada.
-
poboación de feito
Poboación dunha determinada unidade administrativa no momento no que se realiza o reconto da poboación, sen ter en conta se teñen ou non nela a súa residencia habitual.
-
poboación inactiva/non activa
Parte da poboación que non exerce ningún tipo de actividade económica remunerada nin se atopa en disposición de realizala. Son persoas que se dedican ás tarefas domésticas no seu fogar, nenos, estudantes, rendistas, xubilados e persoas que realizan o servizo militar.
-
-
Conxunto de individuos dunha mesma especie que habitan nunha área determinada ou nun medio limitado convencionalmente.
-
Conxunto de elementos do que se queren estudar certas propiedades non específicas dos elementos.
-
...
-
-
-
Acción e efecto de repoboar.
-
Acción desenvolvida durante a Reconquista (ss IX e XIII) na Península Ibérica. Tivo como finalidade volver poboar con cristiáns os territorios que foran conquistados polos musulmáns durante o s VIII, para asegurar a súa defensa e a explotación agrícola e gandeira. Beneficiou especialmente os mosteiros, as ordes militares e a nobreza. Nos reinos occidentais fíxose inicialmente por medio da presuria e nos orientais pola aprisio. O repoboamento de Galicia, val do Douro e o alto Ebro (ss VIII-X) foron obra de homes libres e de mosteiros bieitos. Mentres en Galicia e León os campesiños foron absorbidos axiña polos grandes propietarios, en Castela mantívose a pequena propiedade. Nos ss XI e XII a repoboación chegou ata o Tajo e o val do Ebro. Nas zonas fronteirizas favoreceuse pola concesión ás cidades de foros, cartas de franquía ou poboamento, con exencións fiscais. No interior repobouse o Camiño de Santiago, con francos e mosteiros cluniacenses, e outras zonas ata entón desérticas, con monxes...
-
reforestación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto demográfico e xeográfico polo que se considera pouco poboado o territorio onde falta a forza de traballo para aproveitar os recursos potenciais e para permitir unha vida social plena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepto demográfico-económico que fai referencia a un desaxuste entre poboación e recursos nun territorio determinado, atribuíble a un exceso da primeira variable. Este desaxuste maniféstase en fame, paro, falta de vivendas, etc, factores considerados obstáculos para o desenvolvemento do grupo social.