"Beatriz" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • GALICIA

    Escultora. Realiza estudios de Belas Artes na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela e na Escola de Restauración do Mosteiro de Poio. A súa escultura caracterizouse nos seus inicios polos volumes desproporcionados, nos que predomina a liña curva e envolvente. Pasado o tempo, inclinouse por pezas de maior formato nas cales esquece o detalle para dar á obra un valor máis xeral, podéndose percibir intereses vangardistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do latín Beatrix, feminino de *beator ‘a que fai feliz’, derivado de beare ‘facer feliz’. Santa Beatriz (s III-IV), romana de nacemento, foi martirizada durante a persecución de Diocleciano (303). O nome de Beatriz gozou de popularidade en toda a Península Ibérica durante os séculos XIII, XIV e XV; sen embargo, a súa difusión veu por vía culta dende finais da Idade Media e sobre todo no s XIX, por mor da sona adquirida pola Beatriz da Divina Comedia de Dante, símbolo da tripla encarnación da beleza, a inocencia e o amor. A forma hipocorística deste nome é Bea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Hungría, filla de Fernando I de Nápoles e de Isabel de Chiaromonte. Casada no 1475 con Matías I de Hungría foi acusada da súa morte e desterrada, volveu a Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Milán (1494-1497), filla de Hércules I de Este (familia principesca italiana), duque de Ferrara, e de Eleanora de Aragón. Casada (1491) con Luís María Sforza (Ludovico o Moro), duque de Bari. Foi un arquetipo de princesa do Renacemento: brillou pola súa intelixencia, fasto e refinamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela (1383-1390), única filla de Fernando I e Leonor Telles, reis de Portugal. Casou con Xoán I de Castela no ano 1383. Ese mesmo ano, logo da morte de Fernando I de Portugal, Beatriz e Xoán foron proclamados reis de Portugal; sen embargo, a este feito opúxose o mestre de Avis (despois Xoán I de Portugal), quen trala vitoria na Batalla de Aljubarrota (1385) decidiu ao seu favor no conflito dinástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña dos Países Baixos (1980), filla da Raíña Xuliana I e do príncipe Bernardo de Lippe-Biesterfeld. Dende 1966 está casada co diplomático alemán Claus von Amsberg, co que tivo tres fillos: Guillerme, Xoán Frisón e Constantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Irmá de Simplicio e Faustino, foi martirizada durante a persecución de Diocleciano (303) por mor de lle dar sepultura aos corpos dos seus dous irmáns, decapitados e tirados ao río Tíber. Morreu esganada cunha corda. En iconografía, esta santa leva como atributo persoal unha corda atada ao pescozo, símbolo do seu martirio. A súa festa celébrase o 29 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueóloga. Doutora en Xeografía e Historia, investigou os inicios da metalurxia en Galicia. Escribiu en colaboración El tesoro desencantado (1998) e publicou Los inicios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica (1998). Membro da Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa provenzal. Coñecida como a condesa de Dia, casou con Guillerme de Poitiers. Do seu labor trobadoresco consérvanse cinco cansós sinxelas e apaixonadas, nas que expón detalladamente os temas dos celos e da infidelidade do seu amante (Rimbaut de Orange), e pondera a súa propia beleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Lemos, filla de Rodrigo Enríquez de Castro e Tareixa Osorio. Coñecida como Beatriz de Castro a Fermosa, o seu pai e a Raíña Isabel a Católica concertaron o seu matrimonio con Denís de Portugal, fillo do duque de Bragança e irmán do Rei Manuel I de Portugal, co que casou en 1502. Enviuvou en 1516 e casou en segundas nupcias con Álvaro Osorio en 1521. Reparou o palacio condal, a fortaleza e as murallas de Monforte de Lemos e, debido aos numerosos preitos que mantivo cos señores do Reino de Galicia, prohibíuselle a súa residencia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Coñecida como a Latina, foi preceptora de Isabel a Católica e mecenas de numerosas institucións relixiosas, entre as que destacan o hospital de Santa Cruz e o convento da Concepción Jerónima. Atribúenselle varios comentarios á obra de Aristóteles e Notas sabias sobre los antiguos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1963-1968) e graduouse en Artes Aplicadas. A súa produción artística estivo marcada pola preocupación polos problemas da sociedade actual e en determinados momentos realizou unha pintura de compromiso e denuncia social. Traballou os grandes formatos con composicións realizadas a partir de grandes manchas de cor e trazos marcados. O seu estilo inscribiuse dentro da nova figuración e a súa temática neofigurativa reduciuse practicamente á representación de torsos de homes e mulleres. Posteriormente preocupouse polas texturas e os materiais e someteu as figuras humanas a unha maior xeometría. Relizou, entre outras obras, a serie de gravados O Metro (1968) e as obras Labregos (estampa popular galega) (1969), O Orzán (1971), Adán (1985), Crusoe (1997) e Dama de Elche (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Iniciouse no tenis desde moi nova. Gañou diversos certames deportivos, como o Másters (1988 e 1994) e o Open de EE UU (1990) e a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988). En 1996 retirouse do tenis profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e guionista. Titulada en realización pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, escribiu o guión da curtametraxe de Jorge Coira, A ti como se che di adeus? (1998) e o de Antonio, Jorge y Luis (1998), dirixida por ela mesma. Ten traballado como actriz en diversas series de televisión, como Hermanos de leche e Compañeros, de Antena 3 TV, e, de Telecinco.

    VER O DETALLE DO TERMO