Rey Gómez, Beatriz
Pintora. Formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1963-1968) e graduouse en Artes Aplicadas. A súa produción artística estivo marcada pola preocupación polos problemas da sociedade actual e en determinados momentos realizou unha pintura de compromiso e denuncia social. Traballou os grandes formatos con composicións realizadas a partir de grandes manchas de cor e trazos marcados. O seu estilo inscribiuse dentro da nova figuración e a súa temática neofigurativa reduciuse practicamente á representación de torsos de homes e mulleres. Posteriormente preocupouse polas texturas e os materiais e someteu as figuras humanas a unha maior xeometría. Relizou, entre outras obras, a serie de gravados O Metro (1968) e as obras Labregos (estampa popular galega) (1969), O Orzán (1971), Adán (1985), Crusoe (1997) e Dama de Elche (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña