"Bermuda" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
ILLAS
Illa de orixe coralina do NO do Océano Atlántico, a maior do arquipélago do mesmo nome (39 km2) e onde está a súa capital, Hamilton.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pantalón ou traxe de baño que chega case ata o xeonllo.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago británico do Atlántico Setentrional formado por unhas 360 illas e illotes de orixe coralina (53,5 km2; 64.000 h [1998]). As illas máis importantes son a de Bermuda ou Gran Bermuda (Great Bermuda ou Main Island) e as de Saint George’s, Ireland, Watford, Somerset e Gate. O arquipélago sitúase a 32° de latitude N e 65° de latitude O, 965 km ao L do litoral oriental dos EE UU, e a súa capital é o porto de Hamilton, na illa Bermuda.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O arquipélago é unha formación coralina, feito excepcional nesta latitude. Ao carecer de mananciais, o abastecemento de auga debe facerse por medio de estacións potabilizadoras. O clima é oceánico temperado, e as temperaturas oscilan entre os 7°C de mínima e os 33° de máxima. Está nunha área atravesada por furacáns, especialmente frecuentes ao remate da estación estival. Os principais recursos económicos son a agricultura (destacan os cultivos de horta e de flores) e a pesca (cunhas capturas en 1996... -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que recibe a área marítima do Océano Atlántico que se estende entre a península de Florida (EE UU) e as illas Bermudas e Puerto Rico, comprendendo a parte occidental do Mar dos Sargazos. Esta denominación foi aplicada logo da desaparición misteriosa de moitos barcos e aeronaves no interior dos límites descritos, sen que se atopasen ata a actualidade explicacións satisfactorias nin restos das persoas e naves desaparecidas.