Bermudas, Triángulo das

Bermudas, Triángulo das

Denominación que recibe a área marítima do Océano Atlántico que se estende entre a península de Florida (EE UU) e as illas Bermudas e Puerto Rico, comprendendo a parte occidental do Mar dos Sargazos. Esta denominación foi aplicada logo da desaparición misteriosa de moitos barcos e aeronaves no interior dos límites descritos, sen que se atopasen ata a actualidade explicacións satisfactorias nin restos das persoas e naves desaparecidas.

Palabras veciñas

Bermuda | bermudas | Bermudas, As | Bermudas, Triángulo das | Bermúdez | Bermúdez de Castro | Bermúdez de Castro Díez, Salvador