"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • Cabo Branco (Tunicia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe portuguesa. Os troncos desta familia foron os irmáns João e Santiago Abián que loitaron ao servizo do Rei don Paio. Os seus descendentes fundaron casas en Galicia, Castela, Andalucía e, especialmente, en Aragón onde acadaron gran sona. As súas armas presentan, en campo de prata, unha torre de goles sobre ondas de mar, de azur e prata. Algunhas variantes levan, escudo cuarteado, onde o primeiro e o cuarto representan, sobre campo de prata, unha árbore de sinople mentres que o segundo e terceiro traen, en campo de ouro, cinco estrelas de goles postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote israelita. Escapou da matanza executada por Saúl contra os sacerdotes de Nob e buscou refuxio en David, quen o nomeou sumo sacerdote. Foi destituído e deportado por Salomón a Anatot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade que teñen certos escritores de estudar moi fondamente as materias que tratan e de apreciar o valor xusto dos argumentos e dos textos nos que se fundamentan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fobia aos lugares elevados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir con adornos ou atavíos algunha persoa ou algún obxecto.

    2. Poñerse adornos ou aderezos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao adverbio, que presenta as súas características ou usos.

    2. Nalgunhas linguas, o único caso que rexe o verbo.

    3. Expresión fixa dunha lingua, chamada tamén frase adverbial, que equivale á categoría do adverbio e ten función adverbial (á beira, a contramán, a rente(s), ao pé, ao redor, en fronte, a cotío, a diario, aos poucos, por veces, a tempo, en seguida, etc).

    4. Proposición que modifica a proposición principal, especialmente o verbo. Equivale, nunha proposición simple, a un adverbio. As proposicións adverbiais poden ser propias de lugar, de tempo, de modo, ou impropias, comparativas, consecutivas, condicionais, concesivas, finais e causais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de adverbial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que unha palabra, xeralmente un adxectivo, pasa a ter a función propia dun adverbio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar valor de adverbio a unha palabra ou expresión que na súa orixe non o era. Por exemplo na expresión correr abafado o adxectivo abafado está adverbializado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que só vive con presenza de osíxeno.

    2. Organismo ou tecido que vive en aerobiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medo ao contacto do aire sobre a pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano foliáceo propio dos fentos, tanto actuais coma fósiles, que nace na base da raque da fronde ou ao pé das súas nervaduras primarias e que ten unha forma diferente da que teñen estas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baladiyya de Libia (91.620 km2; 100.547 h [1988]) no golfo de Sirta. Comprende parte da antiga Cirenaica romana. A capital é Agedabia (31.047 h [1988]), ao L de Trípoli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medo patolóxico ou fobia que teñen algunhas persoas aos grandes espacios abertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro italiano. Loitou en defensa do Papa romano Urbano VI contra Clemente VII, Papa de Aviñón. Axudou a Carlos II de Durazzo (III de Nápoles) na conquista de Nápoles (1381).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político ateniense. Fillo de Clinias, sobriño de Pericles e discípulo de Sócrates. Durante as Guerras do Peloponeso loitou en Potidea e en Delio. Trala Paz de Nicea (? 421) comezou a súa actividade política como demócrata, enfrontándose a Nicias. Logrou romper a tregua con Esparta e foi nomeado estratega para as costas do Peloponeso. Posteriormente, dirixiu unha ousada expedición contra Sicilia (415). Acusado de impiedade polos seus adversarios, fuxiu a Esparta, onde traicionou os seus compatriotas, que foron vencidos polos siracusinos en Sicilia e polos espartanos en Decelea. Tampouco durou a súa alianza con Esparta, polo que se puxo baixo a protección do sátrapa Tisafernes. Dirixiu un complot de tipo oligárquico para conseguir o poder en Atenas, pero fracasou. Nomeado estratega da escuadra de Samos, logrou vencer os lacedemonios nas batallas de Cinosema (411) e Cícico (410). No 408, á súa volta á Atenas, foi elixido xeneral en xefe das súas forzas militares; responsabilizado...

    VER O DETALLE DO TERMO