adverbial
adverbial
(
-
adx
[LING]
Relativo ou pertencente ao adverbio, que presenta as súas características ou usos.
Ex: No parágrafo, localizamos cinco locucións adverbiais.
-
caso adverbial
[LING]
Nalgunhas linguas, o único caso que rexe o verbo.
-
locución adverbial
Expresión fixa dunha lingua, chamada tamén frase adverbial, que equivale á categoría do adverbio e ten función adverbial (á beira, a contramán, a rente(s), ao pé, ao redor, en fronte, a cotío, a diario, aos poucos, por veces, a tempo, en seguida, etc).
-
proposición adverbial
Proposición que modifica a proposición principal, especialmente o verbo. Equivale, nunha proposición simple, a un adverbio. As proposicións adverbiais poden ser propias de lugar, de tempo, de modo, ou impropias, comparativas, consecutivas, condicionais, concesivas, finais e causais.