"Bihar" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Bihar, India, situado na ribeira dereita do Ganxes, ao S de Patna (200.976 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado da India (173.877 km2; 93.080.000 h [estim 1994]). A capital é Patna. A maior parte do estado pertence á conca do Ganxes. Os núcleos urbanos máis importantes son Patna, Bhāgalpur, Gayā, Rānchī e Jamshedpur. É unha rexión fértil, ben irrigada; o arroz rende habitualmente dúas ou tres colleitas anuais. A minería representa case a metade da produción interior. É a base dunha potente industria siderúrxica e metalúrxica, localizada principalmente en Jamshedpur e no val do Dāmōdar. Bihar está dividida en dúas áreas étnicas: Bihar e Chota Nagpur, na que hai un gran número de tribos (munda, santal, uraon). A lingua oficial é o hindi, pero o bihari emprégano 35 millóns de individuos. No 320, Chandragupta fundou a dinastía dos guptos, que reinou en Bihar ata despois de que o seu reino fora preso dos hunos (finais do s V). No s IX Bihar foi anexionado pola dinastía de Bengala ata o 1193, cando foi conquistada polos musulmáns. No 1397 foi incluída...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua índica falada por preto de 40 millóns de persoas nos estados de Bihar e de Uttar Pradesh. O bihari divídese en tres dialectos que forman un grupo oriental, que comprende o maithili e o magahi, e un grupo occidental, no que se inclúe o bhojpuri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virtuoso do violín e compositor húngaro de orixe cíngara. Considerado como unha figura importante no espertar nacional húngaro da primeira metade do s XIX, é coñecido pola execución de verbunkos (danza rural do s XVIII). As súa obras foron recollidas en diversas coleccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta indio en dialecto braj-bhākhā, autor do Satsaīya (Setecentos, 1663), escolma de poemas profanos escritos en dísticos que tratan os amores de K ṛ i ṣ hna e Rādhā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meyge de Hungría (6.211 km2; 542.000 h [estim 2000]). A capital é Debrecen.

    VER O DETALLE DO TERMO