Bihar
Estado da India (173.877 km2; 93.080.000 h [estim 1994]). A capital é Patna. A maior parte do estado pertence á conca do Ganxes. Os núcleos urbanos máis importantes son Patna, Bhāgalpur, Gayā, Rānchī e Jamshedpur. É unha rexión fértil, ben irrigada; o arroz rende habitualmente dúas ou tres colleitas anuais. A minería representa case a metade da produción interior. É a base dunha potente industria siderúrxica e metalúrxica, localizada principalmente en Jamshedpur e no val do Dāmōdar. Bihar está dividida en dúas áreas étnicas: Bihar e Chota Nagpur, na que hai un gran número de tribos (munda, santal, uraon). A lingua oficial é o hindi, pero o bihari emprégano 35 millóns de individuos. No 320, Chandragupta fundou a dinastía dos guptos, que reinou en Bihar ata despois de que o seu reino fora preso dos hunos (finais do s V). No s IX Bihar foi anexionado pola dinastía de Bengala ata o 1193, cando foi conquistada polos musulmáns. No 1397 foi incluída no Reino de Jaunpur e no 1525 pasou a poder do gran mogol Bāber o León. No 1765, a Compañía Británica da Indias Orientais uniu Bihar a Bengala. No 1948 Bihar converteuse nun estado da República da India.