"Boán" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural do lugar de Boán, en Chantada. Entroncou con ilustres familias de Galicia e pasou a Castela, Andalucía e América, establecéndose en Perú. Como apelido comeza a ser coñecido a finais do XVI; relaciónase tamén coa caste dos Buján. As súas armas levan, en campo de sinople, unha muralla rota por dúas partes e batida por ondas de azul e prata; sobre a muralla unha coroa de ouro superada dunha aguia coas ás despregadas e bicéfala, da súa cor natural, picada e armada de ouro; entre as dúas cabezas da aguia, a palabra Boán de ouro; bordo de azul, con oito flores de lis, de ouro. Outra variante é un escudo cortado: no alto, en campo de azul, un sol, de ouro sobre ondas de azul e prata e no baixo, en campo de sinople, unha muralla de prata superada por unha aguia de prata, bicéfala sobre a que aparece o nome Boán, de ouro.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Adscrito ao Modernismo, traballou na cidade da Coruña onde deseñou edificios na rúa Bailén 8, san Nicolás 11 e 13, santo Andrés e na Barreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en Santa Olaia de Pedrafita (Chantada), está moi deteriorada. Consta de dous corpos, un rectangular e outro cadrado amodo de torre. Os muros son de cantería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avelaíña de cor branca que se consideraba portadora de boas noticias.
-
PERSOEIRO
Sacerdote e escritor ourensán. Foi autor dunha Historia civil y genealógica de Galicia (inédita) e, segundo M. Murguía, da falsificación, xunto co seu irmán, da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños. Traduciu as Xeórxicas de Virxilio (1686).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto. Licenciado en Canons e Leis pola Universidad de Salamanca, foi bolseiro do colexio de Fonseca antes de obter a cátedra de Clementinas (1586). Elixido membro do Consello de Indias, participou na elaboración das Leis de Indias. Foi autor, segundo M. Murguía, xunto co seu irmán, da falsificación da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando e da Curia Filípica, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Inflamación da membrana íntima dun vaso sanguíneo con formación de trombos.
-
Doenza propia dos homes fumadores en exceso que se caracteriza por arterites obliterantes múltiples que aparecen sucesivamente e dan lugar á gangrena das extremidades. OBS: Tamén se denomina doenza de Buerger ou endoarterite obliterante.
-
-
CIDADES
Cidade da illa de Mindanao, Filipinas (601.794 h [2000]). Situada no extremo meridional da península homónima, no estreito de Basilan, ten industria de papel, de madeira e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO