"Bolivia" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • ENTRADA LARGA

    Estado de América do Sur que limita ao N e ao NL con Brasil, ao SL con Paraguay, ao S con Arxentina, ao SO con Chile e ao O con Perú, (1.089.581 km2; 7.957.000 h [estim 1998]). Ten a súa capital xudicial en Sucre e a administrativa en La Paz. Esténdese entre os 57° e os 69° de lonxitude O e os 9° e 25° de latitude S.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    O relevo boliviano presenta un contraste violento entre o país andino, ao O, cunha altitude media superior a 3.000 m, e as terras baixas e cálidas da zona oriental, con 200 m de altitude media, que forman un vasto conxunto de chairas (Los Llanos), e pequenos relevos e áreas inundables (Los Bañados). Representan o 70% da superficie do país, pero é unha rexión escasamente habitada. A rexión andina consiste nun extenso conxunto de altiplanos (Altiplano), duns 100.000 km2, a uns 4.500 m de altitude; na Cordillera Occidental existen cumios de orixe volcánica (Tacora, 5.982...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bolivia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bolivia.

    3. A cultura prehispánica máis antiga de Bolivia é a de Tiahuanaco, localizada no Altiplano, ao S do lago Titicaca. Caracterízase por unha cerámica moi sinxela e unha arquitectura de grandes pedras (pirámide de Acapana, porta do Sol e porta da Lúa). A influencia da arte barroca española, unida a elementos indíxenas, configurou o estilo mestizo (igrexa de San Francisco, 1753-1772, igrexa de San Lorenzo, casa da moeda e igrexa de Santa Lucía). Destaca nesta época o pintor Melchor Pérez de Holguin (1600-1724). No s XIX a Arquitectura recibiu a influencia do Neoclasicismo (catedral de Potosí, 1809-1836) e no s XX a do Funcionalismo e do Organicismo. Neste século xurdiu un estilo de tendencia nacionalista, síntese da arquitectura colonial e da de Tiahuanaco. A pintura flamenga, o manierismo italiano e a escola sevillana foron as influencias máis importantes reflectidas na pintura boliviana que adquiriu importancia coa obra de Arturo Borda e Cecilio Guzmán de Rojas. No eido da escultura salienta...

    4. O inicio do cine boliviano data do ano 1912, sendo 1936 o ano no que se realizou a primeira longametraxe sonora (La guerra del Chaco). En 1953 creouse o Instituto Cinematográfico Boliviano, organismo dedicado especialmente ao xénero documental. Entre 1971 e 1981, coincidindo cun período de relativa democratización, realizáronse algúns filmes de carácter antiimperialista. Esta produción parou co comezo da nova ditadura (1980).

    5. A literatura boliviana xurdiu a partir do s XIX cos postulados románticos, destacando L. Anzoátegui e N. Aguirre, en novela, e R. J. Bustamante e M. J. Tovar, en poesía. A tradición poética botou raíces cos modernistas R. Jaimes Freyre, G. Reynolds e F. Tamayo. Máis adiante, C. Peñaranda aproveitou o antecedente e publicou o seu Cancionero vivido (1919). Na evolución poética acontecida ao longo do s XX destacan O. Campero Echazú e G. Viscarra Fabre, e a lírica de Yolanda Bedregal, formada no pensamento existencialista, con Del mar y la ceniza (1957) e El cántaro del angelito (1979). Outros poetas significativos son J. de la Vega, O. Alfaro, A. Cardona Torrico, J. Suárez, F. Rospiglioni Nieto, E. Rojas, J. Urzagasti, E. Ávila Echazu e E. Camargo Ferreira. Respecto da prosa, A. Peñaranda, que comezara como poeta, deu a coñecer as novelas Celeste (1905) e Casa solariega (1906). Máis adiante destacaron O. Cerruto con Aluvión de fuego (1935),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado formado pola unión de Bolivia e Perú en 1836. O Pacto de Tacna (1837) concedeu a presidencia da Confederación ao boliviano Andrés de Santa Cruz e dividiu o novo estado en tres repúblicas confederadas: Bolivia, o norte de Perú e o sur de Perú. Chile e Arxentina declaráronlle a guerra; trala Batalla de Yungay (1839) a Confederación disolveuse.

    VER O DETALLE DO TERMO