"Botana" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

    1. Apelido de difícil interpretación. Podería tratarse dun descendente da voz común bota, polo que a súa orixe estaría nun antigo alcume ( Boto).

    2. Liñaxe que se estableceu en Santiago de Compostela. Entroncou cos Saavedra, naturais do lugar de Peniche, en Vigo. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Botaina. As súas armas levan, en campo de goles, unha pipa de viño cun remendo de coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Dereito. Posúe a cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, a licenciatura en Dereito Canónico pola Universidad Pontificia de Comillas e a de Dereito pola Universidad Complutense de Madrid. Exerceu o seu labor docente na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado moitos dos seus traballos sobre Dereito Industrial na revista Actas de Derecho Industrial e colaborou na revista estranxeira Universitas. Publicou, ademais de numerosas monografías, Contribución al estudo del Tratado de Cooperación en materia de Patentes (1978) e Hacia un nuevo sistema de Patentes (1982). Como asesor, participou no Anteproxecto de Lei de Marcas do ano 1980, no Anteproxecto de Lei Xeral de Publicidade de 1984 e no Anteproxecto de Lei Galega da Publicidade de 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e locutor de radio. Comezou a súa carreira no xornal El Correo Gallego de Santiago de Compostela, onde alcanzou a responsabilidade de redactor-xefe. Foi director en funcións de La Noche ata que no 1972 se fixo cargo da dirección da emisora da SER Radio Galicia de Santiago de Compostela. No ano 1976 foi director de Radio Sevilla e director rexional da SER en Andalucía. En 1988 volveu a Compostela para responsabilizarse da dirección do circuíto de emisoras da SER en Galicia e para dirixir Radio Galicia de Santiago. Entre 1985 e 1988 foi presidente da Asociación de Prensa de Sevilla e directivo da Federación de Asociaciones de la Prensa de España. Ten no seu haber varios premios literarios e xornalísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo, sindicalista e político socialista. En 1897 converteuse no dirixente da agrupación socialista de Vigo e en 1901 accedeu á dirección do voceiro socialista local Solidaridad. Promoveu o primeiro congreso obreiro da Unión Galaico-Portuguesa. En 1904 presidiu o Primeiro Congreso socialista de Galicia. Participou nas loitas obreiras de principios de século, polo que foi encarcerado en varias ocasións (folga de tipógrafos de 1904 e folga xeral de 1917). En 1907 mostrouse contrario ao proxecto político de Solidaridad Gallega, promovendo máis tarde un pacto Republicano-Socialista entre PSOE, Unión Republicana e Partido Federal. Foi concelleiro de Vigo entre 1913 e 1928, ano no que presidiu o XII Congreso da UGT en Madrid. Coa chegada da República foi elixido deputado entre 1931 e 1933. Co seu traballo no Congreso loitou pola abolición definitiva dos foros no marco da reforma agraria e noutros feitos puntuais como o estatuto do viño e as exportacións conserveiras. Na convocatoria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Iniciou a súa actividade a mediados dos anos sesenta co grupo de teatro da Asociación da Prensa de Vigo, colaborando tamén co grupo da Alianza Francesa, que realizaba espectáculos en francés, co Grupo Cope e co Teatro Popular Keyzán. Logo dunha longa paréntese e de traballar un tempo como actor de dobraxe, en 1995 creou, xunto con Xosé Manuel López Conde e Manuel Pombal Pérez, a compañía Fulano, Megano e Citano, coa que realizaron os espectáculos Feito en Galicia (1995) e Cheiro de estrelas (1997). Co Centro Dramático Galego traballou en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Coruña desde 1994 e deputada no Congreso pola circunscrición da Coruña na VI (1996-2000) e VII (2000) lexislaturas, nas que foi membro das comisións de Sanidade e Consumo, Administracións Públicas, Regulamento e da comisión mixta para o estudo do problema das drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO