"Brežnev" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome de Naberezhnye Chelni.
-
PERSOEIRO
Político soviético. Fillo dun obreiro da metalurxia, graduouse no instituto metalúrxico da súa cidade natal (1935) e converteuse en enxeñeiro siderúrxico. Membro do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1931, no 1937 formou parte do Comité rexional de Dniprodžerzyns’ke. Durante a Segunda Guerra Mundial chegou a ser comisario político da IV fronte de Ucraína (1942-1945). Tamén foi primeiro secretario do Comité Central do Partido Comunista da República de Moldavia (1950) e membro do Comité Central do PCUS desde 1952, do que pasou a ser secretario xeral en 1964, formando parte da troika que completaban Aleksej Nikolajevič Kosygin, como primeiro ministro e Nikolaj Viktorovič Podgorny, como presidente do goberno desde 1965. En 1976 foi nomeado mariscal da URSS e un ano despois substituíu a Podgorny adoptando unha nova Constitución. A doutrina Brežnev da “soberanía limitada” -a soberanía dun Estado comunista ten o seu límite nos intereses da comunidade socialista-, deu lugar...
VER O DETALLE DO TERMO