"Bredo" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
beldro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Arzúa. As súas armas levan, en campo de azul, un bredo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista subtitulada “Órgano del Centro Gallego de Santander” que apareceu en xullo de 1956. Dirixiuna José Carballeira e, posteriormente, Xosé Leyra. Incluía artigos, información sobre o centro e poesías. Redactouse en castelán agás algúns poemas de Pura Vázquez e Victoriano Taibo, ou a lenda “A raíña Lupa”, de Leandro Carré. A partir de 1979 a produción en galego adquiriu certa relevancia e nela incluíuse unha recensión do libro de Rosalía de Castro Entre a poesía e a política, o himno galego, poemas e relatos, debuxos de humor de Castelao e diversos artigos sobre o Día das Letras Galegas. Entre os colaboradores figuran Pedro X. Blanco, Filgueira Valverde e Alonso Montero.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de narrativa breve editada por Edicións d’a Recadadiva Galega a partir de 1924. Editáronse dous volumes en que participaron E. Correa Calderón, A. Villar Ponte e Xabier Pardo. Ilustrada por Juan Luís, Álvaro Cebreiro e Mariano Miguel, a publicación estaba aberta a escritores galegos e portugueses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santander a partir de xullo de 1956. De tendencia conservadora e oficialista, editouse baixo o subtítulo “Órgano del Centro Gallego de Santander”. Publicou poesías en galego e artigos de colaboradores como Dionisio Gamallo Fierros e Camilo José Cela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Santiago de Compostela a partir de 1875 que cesou o 20 de marzo de 1887. Fundado por A. Rey Varela e X. Mª Paredes, propietario dos obradoiros tipográficos onde se imprimiu na primeira etapa, o seu propietario e director pasou axiña a ser Antonio Toledo ata a súa morte, o 16 de marzo de 1885, a quen sucedeu Alfredo Brañas. Na derradeira época, o xornal estivo a cargo de Hermenexildo Calvelo. Baixo o subtítulo de “Periódico católico, político e literario”, foi un destacado defensor dos intereses da Igrexa á marxe da política.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feitos ocorridos no lugar de Sobredo, en Guillarei (Tui) en 1922, que tiveron como resultado a morte de tres labregos. Os antecedentes estiveron na extensión da idea da abolición da renda foral que, despois do Congreso Agrario de 1922, se convertera nun tema fundamental dos mitins políticos. En Tui, o cacique local e ministro de Gobernación, Mariano Ordóñez, tentou evitar a xeneralización destas ideas e ordenou numerosas detencións. Basilio Álvarez presentouse na cidade para xestionar as liberacións e o 16 de novembro, a Federación Provincial Agraria de Pontevedra, declarou a folga. O gobernador ilegalizou as Sociedades Agrarias de Areas, Malvas, Randufe, Pazos de Reis, Rebordáns, Páramos, Baldráns, Caldelas e Guillarei. Cando o 28 de novembro de 1922 se presentou o xuíz de Tui coa Garda Civil en Sobredo para embargar a un veciño por non pagar o foro, tivo lugar o enfrontamento co pobo, no que morreron tres persoas. O feito provocou unha nova folga que se iniciou o 4 de decembro. No lugar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dose excesiva dun medicamento ou dunha droga. Terapeuticamente o aumento da dose habitual dun medicamento aplícase co fin de conseguir un maior efecto sen chegar á dose tóxica, e na industria farmacéutica, as sobredoses aplícanse para compensar a perda de actividade, co tempo, dalgúns produtos pouco estables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cubrir cunha capa de ouro un metal, especialmente a prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo pouco produtivo onde abunda o sábrego.