"Caen" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Calvados, na Baixa Normandía, Francia, situada á beira do río Orne (115.624 h [1990]). É un núcleo industrial onde destacan os xacementos de ferro, ademais do porto comercial e pesqueiro. Tamén é un importante centro de ensino superior, a Université de Caen, fundada no 1432. Capital da Baixa Normandía no tempo de Guillerme o Conquistador (s XI), foi tomada e saqueada polos ingleses en 1346 e 1417, permanecendo baixo dominio inglés dende esta última data ata 1450. Creceu durante o s XVI grazas ao comercio con Guinea e América, pero decaeu a partir da revocación do Edito de Nantes (1685), polo que máis de medio millón de hugonotes abandonou Francia, xa que era unha importante cidade protestante. Durante a Revolución Francesa foi un centro xirondino. A pesar dos bombardeos sufridos durante a Segunda Guerra Mundial (1944), a cidade mantén un bo número de mostras da arquitectura normanda. Conserva as igrexas románicas de Saint-Étienne (de l’Abbaye-aux-Hommes)...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das liliáceas, á que pertence o drago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros, da familia dos licénidos, de pequeno tamaño, onde a maioría dos machos e algunhas femias son de cor azul brillante. En Galicia está presente a especie L. phlaeas.
-
-
Relativo ou pertencente a Macau ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Macau.
-