Revista de Occidente

Revista de Occidente
[PUBLIC]

Revista publicada en Madrid a partir de xullo de 1923. Fundada por José Ortega y Gasset, o seu obxectivo foi ofrecer claridade ao caos intelectual en que se atopaba Europa tras a Primeira Guerra Mundial presentando unha xerarquía de temas literarios e científicos sempre afastados da política. Atendeu a todas as novas correntes de creación artística e literaria, mesturando entrevistas, ensaios e artigos con números monográficos que trataban desde os valores consagrados ata as novas promesas. A revista cesou en xullo de 1936, pero en 1963 renaceu da man do fillo de Ortega y Gasset, José Ortega Spottorno. A súa terceira época comezou en 1980, dirixida pola outra filla de Ortega y Gasset, Soledad, que editou a Fundación José Ortega y Gasset. Nestas etapas mantívose fiel ás súas orixes, e converteuse na publicación de divulgación científica e cultural de referencia en España e Hispanoamérica que cada mes recolleu a actualidade máis relevante no campo do pensamento, a ciencia e a creación literaria.