Revista de Primera Enseñanza

Revista de Primera Enseñanza

Semanario publicado en Pontevedra a partir do 1 de outubro de 1865 que cesou en xullo de 1870. Editado nos obradoiros da Imprenta del Siglo, foi unha publicación dirixida aos mestres de intrución primaria. Fundado por Xoaquín Buceta Solla, a partir do 8 de xullo de 1870 cambiou a cabeceira pola de La Reforma.