Revista Económica

Revista Económica
[PUBLIC]

Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1859. Subtitulada “Periódico agrícola, artístico y comercial de la Sociedad de Amigos del País de Santiago”, editouse nos obradoiros de Xosé R. Rubial. Cunha periodicidade quincenal, abordou os problemas do campo galego, especialmente a desaparición dos foros. A partir de 1882 reapareceu como mensual baixo a cabeceira Revista de la Sociedad Económica e, ese mesmo ano, volveu cambiala por Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País, cun número especial, publicado en 1884, para conmemorar os cen anos da entidade.