Revista Galaica

Revista Galaica
[PUBLIC]

Revista publicada en Ferrol a partir do 15 de maio de 1874. Cesou a comezos de 1876. Dirixida por Bieito Vicetto e cunha periodicidade quincenal, a publicación tratou todo tipo de temas sobre Galicia: a súa historia, economía, xeoloxía ou tradicións. Incluíu tamén traducións de obras de autores estranxeiros e composicións literarias.