Revista Galega de Administración Pública
Revista Galega de Administración Pública
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1992 e impulsada pola Escola Galega de Administración Pública, dependente da Xunta de Galicia. Dirixida por Xaime Rodríguez-Arana, que tamén dirixiu a EGAP, contou co asesoramento e colaboración de destacados intelectuais relacionados co mundo do dereito e a economía de Galicia. Incluíu, ademais de diferentes estudos, notas e comentarios, un apartado dedicado exclusivamente á xurisprudencia, crónicas, bibliografía e recensións.