Revista Galaica

Revista Galaica
[PUBLIC]

Revista decenal publicada en Bos Aires a partir de 1879 que cesou en 1880. Editada polo Centro Gallego de Buenos Aires, funcionou como voceiro desta sociedade. Fundada por Manuel Vázquez Castro e dirixida por Eduardo Caamaño, foi unha das primeiras publicacións fundadas por galegos en América. Mantivo fortes polémicas con El Gallego.